— Quen somos?
A acampada de Pontevedra organizámola distintas veciñas da cidade:
Somos un movemento pacífico de protesta, organizado de forma asamblearia e horizontal, que nos unimos a loita estatal polo dereito a acceder a unha vivenda digna e asequible, que nos permita crecer e vivir nos nosos barrios.
Buscamos tecer rede veciñal, crear espazos de encontro que nos permitan compartir, aprender e crear xuntas. Espazos que pouco a pouco están a extinguirse na nosa cidade, sendo os mesmos fundamentais para frear o individualismo voraz ao que nos enfrontamos.
Isto non xorde da nada, levamos anos escoitando soar a alarma habitacional, vendo os prezos do aluguer alzarse ao mesmo ritmo que se baleiran fogares e se priorizan os intereses privados da especulación, intereses que coma sempre, marxinan ás máis vuilnerábeis.
O barrio muda de pel, e xa só o habitan aqueles que afogan e consomen a vida da cidade. Por iso non deixaremos de berrar polo que nos pertenece, sentíndonos obrigadas a decir basta, a levantar as nosas tendas e tomar as rúas.
